Sostibilidade
Compromiso coa sostibilidade
Ence Pontevedra establece criterios de sostibilidade económica, social e ambiental para o óptimo desenvolvemento das súas actividades forestais e produtivas.
Na biofábrica de Ence en Pontevedra facemos da sostibilidade o noso eixe. Nas nosas actividades forestais, produtivas e de xeración de enerxía con biomasa, así como no noso modelo de xestión, están fortemente integrados os criterios de sostibilidade económica, social e ambiental; criterios que garanten a orientación a resultados, o beneficio mutuo nas nosas relacións con provedores, propietarios forestais, clientes e demais grupos de interese, e igualmente a xestión dos impactos sobre a contorna.
A xestión integral das masas forestais para a produción de celulosa abrangue toda a cadea de valor e supón unha vantaxe diferenciadora. A actividade de Ence inclúe a escolma, plantación e cultivo de árbores, así como a súa colleita, compra, transporte e recepción nos centros de operacións para o seu aproveitamento integral.
Esta presenza en toda a cadea de valor permite a aplicación de boas prácticas na silvicultura das plantacións e no seu aproveitamento, o que propicia unha maior eficiencia na produción de celulosa. Ademais, isto permítelle a Ence ter un maior coñecemento das materias primas que utiliza, intervindo na súa xestión directa ou indirectamente mediante a aplicación dos criterios de sostibilidade nos que basea a súa actividade.
A biofábrica de Ence Pontevedra impulsa, ademais, a utilización de materias primas renovables naturais e é enerxeticamente autosuficiente.
Perseguimos a excelencia en sostibilidade

Como empresa firmemente comprometida coa sostibilidade e o medio, Ence desenvolve as súas actividades a través dun modelo produtivo integrado que segue os criterios de sostibilidade e responsabilidade empresarial máis esixentes e recoñecidos internacionalmente.

O modelo produtivo integrado de Ence Pontevedra abrangue o cultivo da árbore, a xeración de enerxía renovable e a produción de celulosa natural; todo isto baixo unha xestión sostible e respectuosa co medio ambiente.