Compromiso coa sociedade

O Plan Social de Ence en Pontevedra é unha das iniciativas sociais de maior envergadura dunha empresa privada en España. O compromiso de Ence co futuro da sociedade pontevedresa materialízase en 6 áreas de actuación cun orzamento anual de 3 millóns de euros dende o 2017 para mellorar a calidade de vida dos veciños de Pontevedra.

Este programa de axudas sociais foi posto en marcha para poder beneficiar os cidadáns, a contorna e o medio. Esta posta en marcha supón un esforzo adicional por parte de Ence fundamentado no seu compromiso con Pontevedra, dado que a situación actual do Convenio de Colaboración e do Pacto Ambiental subscritos coa Xunta de Galicia o 28 de xuño de 2016 non supoñen a súa execución inmediata.

3 edicións

do Plan Social

9 millóns

en axudas

6 áreas

de actuación

812 propostas

presentadas

522 proxectos

beneficiados

 

PLAN SOCIAL ENCE PONTEVEDRA III EDICIÓN

ÁREAS DE ACTUACIÓN

Axudas Veciñais

200.000 €

 

Loita contra a exclusión social

530.000 €

 

Recuperación e coidado da contorna

400.000 €

 

Educación e cultura

300.000 €

 

Emprendemento e innovación

600.000 €

 

Deporte de base

900.000 €