Compromiso co medio ambiente e a contorna

Ence destina parte do seu investimento á investigación e posta en marcha de proxectos para mellorar permanentemente a súa actuación ambiental e minimizar as molestias na veciñanza. Mais non nos conformamos; queremos seguir mellorando.

Redución de olores

Desde 2010, e en colaboración co Grupo de Ecoeficiencia da Universidade de Santiago de Compostela, traballamos nun proxecto destinado a minimizar os olores da biofábrica.

Na primeira fase identificaron os posibles focos emisores responsables do impacto oloroso na contorna, clasificándoos en varias subcategorías segundo a eventualidade da emisión, o acceso e o tipo de foco, e establecéronse niveis de percepción.

Unha vez identificados os focos, o equipo de traballo definiu, seleccionou e propuxo a implementación de melloras co fin de corrixir o impacto oloroso. Este proxecto xa logrou importantes avances, chegando a reducir en 2018 un 99% os cheiros respecto ao comezo do proxecto.

 

10 anos

Reducindo os olores e as posibles molestias que poidan ocasionar nas inmediacións.

1,2

minutos de olor ao día en 2018

1,8

minutos de olor ao día en 2017

Redución de vapores e ruídos

Os enxeñeiros de Ence traballan na procura da mellor solución para reducir as emisións de vapores e minimizar os ruídos da biofábrica Ence Pontevedra. A maior parte das emisións aéreas da biofábrica son de vapor de auga. A redución destas emisións permite mellorar sensiblemente o impacto visual das instalacións de Ence na cidade.

Na biofábrica Ence Pontevedra definiuse un plan de actuación para reducir as emisións sonoras no perímetro da planta a 55 dBA.

Todas as emisións sonoras da fábrica están por debaixo das Autorizacións Ambientais Integradas (AAI) de acordo co disposto na Lei 16/2002 de prevención e control integrado da contaminación. Mais non nos conformamos; seguiremos reducindo o impacto sonoro.

Novo ciclo da auga

O proxecto «novo ciclo da auga» é a aposta de Ence pola reutilización e por un mínimo consumo de auga. Este proxecto tecnolóxico, que inclúe solucións como as que se empregan para a potabilización da auga do mar, permitirá reducir nun 90 % o volume de efluente á ría de Pontevedra e tomar do río Lérez tan só o 10 % do caudal consumido na actualidade.

 

Coñece os compromisos medioambientais da biofábrica: