Compromiso coa investigación e innovación

Queremos desenvolver un dos máis avanzados centros de I+D forestal e bioenerxía en Pontevedra. Un centro de referencia nacional no eido da investigación forestal, que colabore na modernización da economía de Pontevedra e contribúa á creación de novos empregos cualificados.

Traballamos no desenvolvemento de novos usos de alto valor engadido dos compoñentes principais da madeira: celulosa e lignina.

 

Os ámbitos de actuación

Desenvolvemento de Proxectos de I+D Forestal

  • Investigación na loita contra as pragas.
  • Desenvolvemento das plantas melloradas.
  • Asesoramento e asistencia ao propietario forestal e impulso á ordenación forestal.
  • Centro de documentación e formación.

Desenvolvemento de proxectos no ámbito da Bioeconomía

  • Investigación e desenvolvemento de novos produtos derivados da celulosa a partir da obtención de nanocelulosa, o que permitirá a fabricación dunha extensa gama de innovadores produtos.

Desenvolvemento do Proxecto de Biorrefinería

A utilización da tecnoloxía máis avanzada no sector da celulosa:

  1. Permitirá pór en valor a lignina, transformándoa en novos produtos competitivos e sostibles co medio ambiente.
  2. Situará a Pontevedra na vangarda do I+D do sector.
  3. Favorecerá o máximo aproveitamento dos recursos forestais.
  4. Posibilitará a creación de emprego.

5,5 millóns

de euros de investimento
directo e inducido

91 postos de traballo

de nova creación, altamente especializados, directos e indirectos.

Novacell

Puxemos en marcha un proxecto de tecnoloxía punta enmarcado no campo da bioeconomía, que fará posible a obtención de nanocelulosas abrindo o camiño á fabicación dun amplo abanico de innovadores produtos:

Adhesivos de poliuretano

Recubrimentos téxtiles e escumas de poliuretano

Composites e tubaxes de alto valor engadido

Papeis especiais (baixa gramaxe, hidrofóbicos)

Encapsulado para ingredientes activos en cosmética

Packaging de alimentos

Membranas para a filtración en tratamento de augas

Lignospread

Ademais, desenvolvemos un proxecto que busca explorar novos usos da madeira como substituta de produtos derivados do petróleo.

 

 

Lignospread persegue a revaloración da lignina presente no noso proceso de produción de celulosa para a súa transformación en novos produtos competitivos e ambientais sustentables:

Novos floculantes sostibles para o tratamento de augas

Novos deterxentes e limpadores de superficie máis sostibles

Escumas de poliuretano sostibles para recheos no sector da automoción

Paneis illantes no sector da construción

Estabilizantes de solos forestais