Integración na paisaxe
Compromiso coa integración paisaxística
Ence puxo en marcha un Concurso Arquitectónico de Integración Paisaxística a finais do 2012 co obxectivo de mellorar a integración da biofábrica de Pontevedra na súa contorna.
O Concurso Internacional de Arquitectura contou coa participación de 102 despachos de arquitectos. As propostas estiveron expostas á cidadanía durante 2 meses.
Os 102 proxectos recibidos foron estudados e valorados en detalle por un xurado composto por profesionais do sector, persoeiros da política de Pontevedra e executivos da propia empresa. Na actualidade está a executarse o proxecto gañador: «Materia Propia», de Orts Trullenque.

Concurso Internacional de Arquitectura
Participación de 102 despachos de arquitectos. As propostas foron expostas á cidadanía durante dous meses.

Gañador do concurso
Orts Trullenque
Proxecto «Materia Propia»

Primeira fase – COMPLETADA
Plantación dunha pantalla de árbores que rodearán a Biofábrica.
Especies: quercus, pinux, eucalyptus, mioporum, liquidambar, outras. Introdución de masas de árbores de diversas variedades que rodearán o complexo industrial na zona que se sitúa fronte á ría, ademais de reforzar as zonas axardinadas da parcela xa existentes. Por outra banda, permitirá que o enclave industrial e os seus edificios queden envoltos por diferentes frontes vexetais, co que se establecen distintos planos de profundidade de campo de visión que neutralizan o seu impacto visual.

Segunda fase – EN EXECUCIÓN
- Construción dun novo peche perimetral da nova Biofábrica.
- Construción de envolventes para os principais edificios con tons e formas que se mimetizan co medio.
Dotación dun envolvente para as instalacións centrais de maior envergadura da instalación, que, grazas aos tons e os efectos obtidos nas súas formas e elaboración, permitirá unha integración completa da Biofábrica na súa contorna paisaxística.