Compromiso co emprego e a economía da comarca

Ence xera en Galicia preto de 5.100 empregos, dos cales 800 están en Pontevedra ou en municipios limítrofes.

Cerca de 2.100 destes empregos desenvolvéronse no ámbito forestal e os 3.000 restantes pertencen ás áreas industrial, loxística e outras actividades derivadas do aproveitamento, transporte e transformación da madeira.

A compañía é clave para o desenvolvemento do sector forestal de toda Galicia. É o principal cliente dos produtores de madeira, xera unha alta demanda estable e próxima e transfire o coñecemento das necesidades do sector industrial global.

A empresa xestiona directamente en Galicia cerca de 10.500 hectáreas de cultivos forestais e ten relación directa con propietarios de montes, provedores, asociacións e subministradores, aos que lles merca madeira por valor duns 100 millóns de rendas anuais.

Ence Pontevedra en cifras

800 empregos

directos e indirectos en Pontevedra, Marín e Poio

5.100 empregos

xerados en Galicia

459 millóns

de euros contribuídos ao PIB

200 millóns

de euros (exportación)

2,7 millons de metros cúbicos

de madeira movilizados

33 millóns

de euros contribuídos ás arcas públicas

24 millóns

anuais investidos en mercar produtos e servizos da comarca

1.800 empresas

provedoras de madeira contratadas en Galicia

Programa Talento

Ence implícase na contorna onde opera creando oportunidades de desenvolvemento e emprego á mocidade e facilitando a súa incorporación ao mercado laboral.

No ano 2015, Ence puxo en marcha a I edición do Programa Talento, co obxectivo de fomentar o desenvolvemento profesional e o emprego entre a mocidade, ademais de facilitar a selección de talento, como unha mostra máis do compromiso da compañía coa contorna.

Durante o ano 2017, participaron en noso Programa Talento unha media de 53 bolseiros, que desempeñaron responsabilidades en diferentes áreas da empresa como Enxeñería, Produción, Mantemento, Finanzas, Compras, Forestal, Asesoría Xurídica, Comunicación ou Capital Humano.

  • 4 convocatorias
  • 81 persoas beneficiadas desde 2015

 

Vantaxes do Programa Talento

Adquirir nocións de xestión empresarial e modelos de xestión e decisión.

Coñecemento dos diferentes negocios da compañía.

Adquisición de habilidades para mellorar a efectividade profesional. Así como o desenvolvemento de networking e compartir experiencias.

Impulsar as posibilidades de emprego e desenvolvemento profesional.