Compromisos
Compromisos de Ence con Pontevedra
Ence mantén un compromiso permanente con Pontevedra e a súa comarca e dedica os seus esforzos a acometer iniciativas que supoñan un forte estímulo para impulsar o seu desenvolvemento e que contribúan ao crecemento económico e ao emprego na comarca. O noso Plan Social, unha das iniciativas sociais de maior envergadura dunha empresa privada en España, é boa mostra disto.
Estamos comprometidos co máximo respecto polo medio ambiente e a sostibilidade en todas as nosas operacións, polo que traballamos acotío por asegurar unha calidade óptima dos nosos efluentes e por reducir o consumo de auga, así como por aplicar as prácticas máis avanzadas e as mellores tecnoloxías dispoñibles para garantir o mellor comportamento ambiental e a maior eficiencia e fiabilidade no noso proceso de produción.
A nosa compañía avanza tamén na execución do proxecto de integración paisaxística que contribuirá a embelecer e a minimizar o impacto visual das nosas instalacións de Lourizán. De igual xeito, a nosa aposta pola bioeconomía é irrenunciable, polo que traballamos en novos desenvolvementos que xeren un valor engadido e contribúan ao establecemento en Pontevedra dun dos máis avanzados centros de I+D forestal e bioenerxía.