O compromiso ambiental de Ence está baseado no cumprimento rigoroso e exhaustivo da normativa vixente, que establece os requisitos que deben cumprir todas as actividades relacionadas coa nosa biofábrica.

Na Autorización Ambiental Integrada (AAI) de Ence Pontevedra fíxanse as condicións ambientais necesarias para unha instalación industrial respectuosa co medio ambiente. O seu obxectivo é minimizar e controlar as emisións á atmosfera, á auga e ao solo co fin de alcanzar unha elevada protección do medio ambiente no seu conxunto.

Neste contexto, a AAI establece para cada instalación os valores límites baseados nas mellores técnicas dispoñibles, así como os plans de vixilancia para todos os aspectos ambientais relevantes.