Comunicado de Ence Pontevedra

En relación cos vertidos detectados nas últimas horas en augas da Ría de Pontevedra, á altura do novo paseo peonil contiguo á autovía de Marín, Ence quere aclarar que non gardan relación algunha coa actividade da biofábrica da compañía en Pontevedra.

A infraestrutura pola que se evacúa este vertido atópase moi afastada (preto de 2 km) do emisario de Ence e, en calquera caso, non garda ningún tipo de vinculación coa compañía, en contra das acusacións difundidas pola Asociación pola Defensa da Ría (APDR).

O caudal de carácter líquido procedente da factoría chega ao medio mariño a través dun emisario submarino, despois de ser depurado na planta de tratamento de Ence para evitar que impacte negativamente no medio receptor.

Trátase dun proceso plenamente controlado e respectuoso co medioambiente, que en ningún caso supón unha afección para a Ría de Pontevedra.