Ence contribúe ao futuro das mulleres no ámbito rural xunto a Fademur

Segundo datos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, as mulleres do medio rural resultan determinantes para a súa vertebración territorial e social, e son, con diferenza, o principal vector para a innovación e o emprendemento rural.

Como é coñecido, Ence está comprometida co futuro de Pontevedra e, é por iso que a través do seu Plan Social destina 3 millóns de euros ao ano para contribuír ao desenvolvemento da provincia a través de 6 áreas de actuación. Unha destas áreas é a loita contra a exclusión social, á que se destinan 530.000 euros. A través desta partida, Ence colabora con distintas entidades, como é o caso de é a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur Galicia) mediante o proxecto “Emprende en feminino, en Proximidade e no rural”.

Con este proxecto búscase fomentar a adquisición de habilidades para a procura de emprego e/ou o emprendemento das mulleres en situación de vulnerabilidade no ámbito rural. Tal e como asegura de Rosa Arcos, presidenta de Fademur Galicia, “o papel das mulleres é clave para o avance do medio rural. Non poderemos facer fronte aos retos da nosa contorna se non logramos esa cota de igualdade”. Ademais, cre que o modelo do Plan Social conta con varios focos de interese, e asegura que desde a súa entidade “agradecemos o modelo de Ence e agradecemos especialmente que conte cunha liña específica para o ámbito do emprego e o emprendemento nas mulleres do rural”.

O proxecto non foi alleo ao impacto da Covid-19. Esta iniciativa tivo que ser reprogramada e adaptada ao formato online no actual contexto sanitario e para iso a federación redobrou as ferramentas dixitais ao dispor das interesadas. Doutra banda, aos cursos en aberto sumáronse campañas de visibilización a través das redes sociais e Youtube. Todo isto complementado co apoio por parte do persoal técnico da federación. A pesar de que non se poidan facer actividades presenciais, a súa intención é lembrar que están presentes, que teñen a vontade de apoiar e de resolver dúbidas.

Nos próximos días, está previsto que Fademur publique unha guía/manual de emprendemento en feminino. O obxectivo deste é resaltar as oportunidades existentes no territorio e dotar de ferramentas ás mulleres interesadas. A súa presidenta lembra que o lema de Fademur é “Igualdade e progreso das mulleres e do noso rural”, e que o seu fin é facer ás mulleres do medio rural visibles porque o seu papel é fundamental para o desenvolvemento das vilas e aldeas.