Ence e Kartogroup doan 24 toneladas de material sanitario a Pontevedra

Ence e  Kartogroup doaron 24 toneladas de material sanitario, producidos con celulosa da  biofábrica de Lourizán a partir de madeira galega, que se poñerán ao dispor de diversos hospitais públicos e centros de atención primaria da provincia de Pontevedra. A pasta de papel doada é  TCF (Totalmente Libre de Cloro), xa que a planta de Lourizán é un das dúas únicas de Europa que utiliza este procedemento sostible e respectuoso co medioambiente.

Mediante a colaboración entre Ence e  Kartogroup —produtor de papel  tisú—, proverase de dous camións de papel para uso sanitario e hixiénico e  secamanos a 44 centros de atención primaria e aos hospitais de Montecelo, Provincial e Salnés da provincia de Pontevedra.

Deste xeito, ambas as empresas colaboran na loita contra o coronavirus dada a importancia que nesta situación cobra garantir a subministración ós centros sanitarios de produtos  celulósicos, especialmente de papel  tisú, principal destino da celulosa de Ence, necesario nas medidas hixiénicas necesarias para previr e combater ao  COVID-19.

Para a compañía, o compromiso coa contorna é unha prioridade. Así o evidencia o Plan Social de Ence Pontevedra, co que, ano tras ano, Ence contribúe a mellorar a calidade de vida os veciños de Pontevedra. Accións como esta demostran a firme aposta da empresa polas cidades e as persoas da contorna a  biofábrica de Lourizán.