Ence Pontevedra valoriza todos os seus residuos, evitando que teñan como destino final o vertedoiro

Na súa aposta pola sustentabilidade, Ence contribúe á economía circular a través da súa propio modelo de xestión e, neste sentido,  valoriza a práctica totalidade dos seus residuos, evitando que estes teñan como destino final avertedoiro e  reintroducíndoos na súa cadea de valor para darlles, así, unha nova vida.

Trátase dunha alternativa sostible ao clásico modelo lineal de extracción, produción, consumo e eliminación: un modelo respectuoso co medio ambiente e que permite estender a vida útil dos produtos.

Unha mostra máis do decidido compromiso da empresa pola sustentabilidade, que supón un alicerce fundamental do seu Plan Estratéxico, así como unha panca de competitividade.

A actividade da empresa constitúe todo un exemplo de contribución á economía circular, xa que durante o proceso de produción de pasta de papel, a planta produce e opera con materiais renovables xerando, ao mesmo tempo, enerxía eléctrica renovable. Esta enerxía xérase a partir da biomasa que non se destina á produción de celulosa, utilizando para iso a  lignina, un compoñente da madeira que constitúe un excelente biocombustible renovable e natural.

Deste xeito, a planta de Ence en Pontevedra é capaz de valorizar o 99% dos seus residuos. Esta innovación serviulle para obter o recoñecemento Residuo Cero da Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR), que acredita a Ence como unha organización que leva a cabo unha xestión eficiente dos seus residuos

Así mesmo, esta planta viu recoñecida desde o ámbito internacional, coa concesión da Distinción Oro da Comisión Europea e a  ecoetiqueta  Nordic  Swan, selo ecolóxico oficial dos gobernos escandinavos.