A xestión forestal de Ence contribúe á sustentabilidade dos bosques galegos

Coincidindo co Día Internacional dos Bosques, Ence quere facer fincapé na importancia do coidado das masas forestais mediante unha xestión responsable. A compañía non só leva a cabo unha xestión sostible dos bosques, senón que ademais pon todos os medios ao seu alcance para favorecer e potenciar esta xestión sostible por parte dos propietarios forestais, mediante a transferencia do coñecemento que aplica nas súas propias plantacións e o desenvolvemento de programas de sensibilización ambiental.

A cadea forestal  representa ao redor do 2% da economía en Galicia,  e existen preto de 600.000 familias de propietarios forestais. Cada ano 80.000 delas, vinculadas ao negocio do cultivo e explotación da madeira, reciben ingresos próximos aos 350 millóns de euros por venda de madeira, a maior parte de eucalipto.  Tal é a importancia do sector na comunidade, que a súa contribución ao PIB autonómico supera á da pesca extractiva, o sector téxtil ou a transformación de peixe.

Doutra banda, merece a pena destacar a actividade que a compañía promove no sector forestal galego. Así, Ence sitúase como o principal cliente das familias galegas produtoras de madeira, xerando unha alta demanda estable e próxima.

Nas súas fábricas de Pontevedra e Navia, Ence compra e transforma ao redor da metade dos 3  millóns de metros cúbicos de madeira de eucalipto galego que se destinan cada ano ao mercado cada ano, o que supón repartir máis de 100 millóns de euros entre máis de 18.000 fogares galegos anualmente.

A compañía desenvolveu unha xestión forestal transparente, eficiente e responsable, aplicando os criterios de responsabilidade e sustentabilidade máis esixentes a nivel internacional. Así, Ence foi pioneira na implantación de programas de certificación forestal da súa xestión, sendo, ademais, a primeira empresa en obter os certificados en xestión forestal responsable na Península Ibérica, incluíndo a certificación da Cadea de Custodia.

Por esta razón, o patrimonio forestal de Ence en España está certificado segundo os estándares internacionais máis avanzados de Xestión Forestal e Trazabilidad – Cadea de Custodia. Deste xeito, o Consello de Administración Forestal (FSC) e a Asociación para a Certificación Española Forestal (PEFC), aseguran que as masas forestais son xestionadas de forma responsable, asegurando ademais a reforestación do territorio.