Ence traballa para asegurar a subministración de celulosa e enerxía eléctrica, bens e servizos básicos na actual situación de crise polo COVID-19

Ence- Energía y Celulosa está a traballar para asegurar a subministración de enerxía eléctrica renovable e de celulosa –material co que se fabrican produtos hixiénicos de primeira necesidade–, bens e servizos básicos na actual situación de pandemia.

A temprá e estrita aplicación do Protocolo interno de Prevención da compañía fronte ao Coronavirus está a permitir que todas as plantas de enerxía renovable e de celulosa da empresa estean a operar.

Para Ence, trátase dunha cuestión de responsabilidade cara ás persoas e cara á sociedade, dada a importancia que nesta situación cobra a subministración aos cidadáns tanto de enerxía eléctrica renovable e firme, como de produtos celulósicos (especialmente de papel tisú, principal destino da celulosa de Ence, que xoga un papel importante nas medidas hixiénicas necesarias para previr e combater ao COVID-19).

A seguridade das persoas, prioridade máxima

A seguridade das persoas é a prioridade máxima para a empresa, que se anticipou na aplicación de medidas de prevención e contención fronte ao Coronavirus. Deste xeito, extremáronse as medidas de prevención en todos os centros operativos e na cadea de subministración; todas as persoas cuxa actividade o permite están tele traballando nos seus domicilios; e implantáronse protocolos de prevención en todos os postos de traballo.

Así, preto da metade do persoal da compañía traballa desde o seu domicilio, seguindo as recomendacións do Goberno. Ao mesmo tempo, e co obxectivo de minimizar os posibles riscos, modificáronse as quendas para o persoal das distintas plantas, o que permite que actualmente non coincida traballando presencialmente nas mesmas máis dun 12% dos empregados. Igualmente, están a aplicarse estritos protocolos de prevención para todos os traballadores do ámbito forestal e loxístico.

Ademais da adopción destas medidas, acordadas cos representantes dos traballadores e comunicadas á Administración, a compañía traballa para contribuír ao mantemento da actividade económica e para protexer e asegurar o emprego, en liña coas indicacións do Goberno de que as empresas se comprometan co mantemento dos postos de traballo.

Estamos a vivir unha crise que, moi probablemente, vai ser longa. Unha crise que será imposible superar se se paraliza a produción dos bens e servizos que precisa a cidadanía. Desde Ence, estamos a focalizar os nosos esforzos en garantir a seguridade das persoas, pero tamén en manter o emprego e a actividade económica, para dar a mellor resposta, como así o esixe esta dura situación.

Non é realista pensar que sairemos desta pandemia se estamos todos confinados nos nosos domicilios, xa que necesitamos que se siga producindo e fornecendo á sociedade de enerxía eléctrica, alimentos e produtos básicos e hixiénicos ou sanitarios.