Ence colabora con ASEFOGA na formación de propietarios forestais grazas ao Plan Social Pontevedra

Ence apoiará dentro da súa convocatoria 2019 do Plan Social Pontevedra, a I edición do proxecto de ASEFOGA dedicado á formación de propietarios forestais que consistirá en fomentar a xestión forestal sostible e a economía circular, dúas dos alicerces básicos do modelo de negocio de Ence.

Ademais das diferentes actividades formativas, o proxecto recolle a creación dun Punto de Asesoramento Forestal Ence. Trátase dun gabinete permanente de atención ao propietario forestal, ao que se lle dará asesoramento técnico en xestión forestal sostible e certificación de masas arbóreas.

Todas estas iniciativas de realizarán ata o mes de outubro co obxectivo de chegar a máis de 6.000 propietarios e impactando de forma positiva en 22.000 hectáreas de monte, aproximadamente.

A Asociación Sectorial Forestal  Galega (ASEFOGA) é unha entidade sen ánimo de lucro, que actualmente agrupa a máis de 9.000 propietarios forestais, comunidades de Montes Veciñais en Man Común, industriais da madeira, técnicos e outros membros vinculados coa actividade e xestión forestal.

A través de diferentes actividades, a asociación profesional pretende fomentar a xestión forestal sostible e a economía circular, dúas dos alicerces básicos do modelo de negocio de Ence. Do mesmo xeito, o proxecto recolle outros obxectivos tales como promover a prevención de incendios forestais.

ASEFOGA comparte con Ence moitos dos seus obxectivos en materia forestal. A compañía foi pioneira en acometer proxectos de certificación en España, e na transferencia tecnolóxica aos propietarios, como na loita biolóxica contra pragas forestais e na mellora xenética das árbores, o que permite ademais de maior produción e rendemento, captar máis  C02 por ha de monte en produción, o que mellora a contribución na loita contra o cambio climático.

Deste xeito, ambas as entidades colaborarán comprometidas cun futuro sostible, formando aos pequenos propietarios para que realicen unha xestión responsable, asegurando o futuro do monte galego.

A iniciativa de ASEFOGA será posible grazas ao respaldo do Plan Social de Ence en Pontevedra, unha das accións sociais de maior envergadura realizada por unha empresa privada en España. A compañía inviste 3.000.000 de euros anuais no plan, dos cales 400.000 son destinados a levar a cabo proxectos de recuperación e coidado da contorna, contribuíndo deste xeito ao coidado e xestión dos montes autonómicos.