Ence, exemplo de eficiencia enerxética e economía circular

Ence- Energía y Celulosa aposta desde hai anos por un modelo de industria sostible nas súas dúas áreas de negocio, a fabricación de celulosa e a xeración de enerxía renovable. A actividade da compañía representa un exemplo de contribución á economía circular que merece a pena destacar, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Eficiencia Enerxética.

No caso das dúas  biofábricas de celulosa da empresa, situadas en Pontevedra e Navia, a madeira certificada, materia prima natural e sostible, é o punto de partida dun proceso produtivo no que se fabrica a pasta de papel, coa que se elaboran produtos reciclables, capaces de substituír ao plástico e outros materiais non reciclables.

Ademais, nas súas biofábricas Ence xera enerxía renovable empregando para iso biomasa forestal, é dicir, os subproductos procedentes da madeira que non se destinan á produción de celulosa: cortiza e  lignina. Esta última, a  lignina, é un compoñente da madeira que constitúe un excelente biocombustible renovable e natural. Deste xeito, ambas as plantas son capaces practicamente de  autoabastecerse enerxéticamente, á vez que contribúen a reducir a intensidade enerxética e a pegada de carbono.

No caso da planta pontevedresa, nos últimos anos, chegou a producir o 97% da enerxía que consome, xerando máis de 239  GWh de enerxía a través de dúas turbinas de  contrapresión e cunha potencia instalada de 35  MW.

A biomasa é unha tecnoloxía de produción eléctrica renovable. Neste sentido, a xestión enerxética da compañía contribúe á captura de carbono, á loita contra o cambio climático e, en definitiva, a avanzar na senda da transición cara a unha economía e unha sociedade máis sostibles.

O feito de que unha industria como a que representa Ence en Pontevedra, capaz de xerar máis de 5.000 postos de traballo e cunha achega ao PIB autonómico de preto do 0,82%, sexa capaz de producir practicamente toda a enerxía que consome a partir dunha fonte renovable constitúe todo un exemplo de eficiencia enerxética e marca o camiño polo que deben avanzar as empresas para alcanzar os obxectivos de  descarbonización marcados pola Comisión Europea.