290 proxectos recibirán as axudas da III Edición do Plan Social de Ence en Pontevedra

Un total de 290 proxectos presentados ao Plan Social Ence en Pontevedra beneficiaranse dos 3 millóns de euros que a compañía destinará a Responsabilidade Social Corporativa ao longo do exercicio na contorna da súa  biofábrica pontevedresa.

O proceso de valoración das solicitudes presentadas á terceira edición do Plan foi realizado pola consultora Valora, encargada de avaliar pormenorizadamente cada un dos proxectos, garantindo o máximo rigor na selección.

A área de actuación con maior número de candidaturas foi Deportes, na que se seleccionaron 118, seguida de Recuperación e Coidado da Contorna, con 62 proxectos adxudicatarios.

Área de actuación Nº Proxectos Aprobados
1. Apoio e axudas á educación e cultura 36
2. Impulso al emprendemento e a innovación 23
3. Recuperación e coidado da contorna 62
4. Apoio o deporte de base 118
5. Loita contra a exclusión social 36
6. Axudas veciñais diversas 15
Total 290

Segundo indicou Antonio Casal, Director Territorial de Ence en Galicia, “un ano máis, a edición do Plan Social volve ser un éxito. O número de solicitudes crece cada ano, o que reflicte a gran acollida desta iniciativa. Ence reitera o seu compromiso cos veciños de Pontevedra, Poio e Marín e confía en que o seu programa de Responsabilidade Social Corporativa continúe mellorando a calidade de vida na súa contorna”.

Na presente convocatoria do Plan Social de Ence en Pontevedra presentáronse 477 proxectos. As entidades ou persoas físicas que solicitaron as axudas do Plan Social xa comezaron a recibir a comunicación de Ence coa resolución da convocatoria a través dos seus respectivos correos electrónicos.

O respecto polo  medioambiente e pola contorna son alicerces estratéxicos para a compañía, polos que foi recoñecida internacionalmente coa Distinción Oro da Comisión Europea e coa  ecoetiqueta  Nordic  Swan. Ademais, Ence traballa para inculcar e trasladar esta cultura da sostenibilidade e  a eficiencia á súa contorna e aos 5.100 empregos directos e indirectos que xera.