O prazo aberto para a presentación de solicitudes da terceira Convocatoria de Axudas do Plan Social de Ence en Pontevedra encara a súa recta final. O período para a recepción de proxectos, que van chegando a bo ritmo, finalizará o próximo 31 de outubro.
A compañía anima aos veciños de Pontevedra a presentar os seus proxectos ao Plan Social de Ence, que contempla destinar ata 3 millóns de euros anuais ás devanditas axudas, divididas en diferentes programas coa seguinte asignación de fondos:
Área de actuación | Importe máximo |
1. Apoio e axudas á educación e cultura | 300.000 € |
2. Impulso ao emprendemento e a economía | 600.000 € |
3. Recuperación e coidado da contorna | 400.000 € |
4. Apoio ao deporte de base | 900.000 € |
6. Loita contra a exclusión social | 530.000 € |
7. Axudas veciñais diversas | 200.000 € |
8. Administración, xestión e comunicación
9. Dixitalización do proceso de solicitude e adxudicación de axudas |
50.000 €
20.000€ |
TOTAL | 3.000.000 € |
Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas ou xurídicas que presenten proxectos a desenvolver en Pontevedra, Marín ou Poio. Excepcionalmente, poderán apoiarse proxectos noutras zonas sempre que se correspondan con lugares nos que resulta relevante a actividade de Ence. A compañía habilitou a páxina web www.plansocialence.es onde os interesados poden consultar as bases da convocatoria e formalizar a súa solicitude.
Ence quere dar a máxima difusión ao seu Plan Social de Pontevedra para lograr que esta iniciativa –un dos maiores programas de axudas sociais dunha empresa privada en España- contribúa eficazmente á calidade de vida dos cidadáns da cidade de Pontevedra e a súa comarca. Ademais, dentro da política de Sustentabilidade de Ence, o Plan constitúe un notable complemento á calidade na xestión ambiental da súa biofábrica de Lourizán acreditada polos recoñecementos da Comisión Europea á mellora ambiental e a ecoetiqueta Nordic Swan.