Un informe independente xustifica que non existe emprazamento alternativo para a biofábrica de Pontevedra

Ante as afirmacións do candidato do PSOE á alcaldía de Pontevedra, Agustín Fernández, sobre a existencia de varios emprazamentos para unha nova fábrica de celulosa, é necesario poñer de manifesto que un informe da enxeñería IDOM, experto independente, conclúe que non hai emprazamento alternativo en Galicia para a biofábrica de Ence en Pontevedra.

Así pois, ao supoñer a madeira e a man de obra o 61% do custo total de fabricación da celulosa, se Ence investise nunha nova fábrica faríao nun país con estes dous compoñentes máis baratos que en Galicia. E este investimento levaríao a cabo nun país que ofrecese seguridade xurídica ao investimento.

O modo en que a Dirección Xeral de Costas actuou é propio dun réxime bolivariano: invéntase unha interpretación falsa e manipulada da Lei e, apropiándose de facultades do Parlamento ou do Tribunal Supremo, decide que a Lei é ilegal, ordena á Avogacía do Estado desdecirse do que defendeu ata entón e achandarse en tres recursos contra o outorgamento da prórroga da concesión de Ence Pontevedra que ela mesma dera dous anos antes, esixindo investimentos por 61 millóns de euros dos que se executaron máis de dúas terceiras partes.