Ence Pontevedra realiza obras para o tratamento de augas pluviais esixidas na súa concesión e a súa Autorización Ambiental Integrada

Ence Pontevedra está a levar a cabo a instalación dunha tubaxe enterrada para a conexión directa de augas pluviais co emisario submarino da súa  biofábrica.

Estas obras son esixidas para o cumprimento das obrigacións requiridas pola concesión e o pleno cumprimento da Autorización Ambiental Integrada da biofábrica de Ence en Pontevedra.

As obras foron comunicadas oportunamente á Xunta de Galicia e a Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e o Mar, e contan con todos os permisos e autorizacións necesarias.

En relación ás terras que se están movendo para acometer as devanditas obras, Ence quere destacar que están a ser sometidas a estritos controis analíticos por unha empresa especializada certificada, tal e como é legalmente perceptivo.