Tras as declaracións efectuadas pola tenente de alcalde do Concello de Pontevedra, a compañía quere facer as seguintes puntualizacións:
- O incidente do día de hoxe, produciuse durante traballos realizados para o desmonte de equipos obsoletos nas instalacións de Ence-Pontevedra. Devandito desmonte non leva aparellado ningún tipo de obra civil.
- Ence non fai obras ilegais no interior das súas instalacións. A Compañía respecta escrupulosamente a lexislación que lle é de aplicación.
- Todas as obras civís que Ence-Pontevedra está a acometer están a comunicarse pertinentemente ao Concello de Pontevedra, obras que se realizan sempre ao amparo do PSIS.
- Ence quere destacar que na cabina de control ambiental situada en Campelo, que monitora permanentemente a calidade do aire e que está situada na dirección que seguiu o fume, todos os parámetros medidos estiveron están dentro da normalidade, non detectándose ningunha incidencia.