5 de decembro de 2018.- En relación ao incendio que se produciu á primeira hora de hoxe nun equipo da biofábrica de Lourizán, a compañía informa de que foi totalmente extinguido á hora de emitir este comunicado.
Ence quere destacar que non se produciron danos persoais e que a totalidade dos traballadores da biofábrica atópanse en perfecto estado.
Tamén hai que indicar que o fume non afectou ás poboacións circundantes.
Doutra banda, hai que sinalar que os sistemas de emerxencia da biofábrica funcionaron correctamente, o que permitiu solucionar rapidamente o incidente.
Adicionalmente, a intervención do Servizo de Bombeiros permitiu extinguir totalmente o incendio.
A empresa analizará as causas do incendio.