Ence garante o uso responsable da auga en Pontevedra

3 de outubro de 2018.- Ante a preocupación mostrada por APDR polas posibles repercusións no abastecemento de auga á cidade de Pontevedra polas escasas choivas das últimas semanas, Ence desexa informar que garante que o funcionamento da súa biofábrica de Lourizán non afectará en ningún momento ao abastecemento de auga para os seus veciños.
 
Ence Pontevedra aplica as prácticas máis avanzadas e as mellores tecnoloxías para garantir sempre un uso responsable da auga no seu proceso de produción, o que lle permite situar o seu consumo de auga por debaixo do límite que está establecido por Augas de Galicia.
Tamén hai que destacar que a biofábrica de Ence en Lourizán está levando a cabo investimentos que permitirán reducir o seu consumo de auga ata un 90% sobre os límites actuais, grazas á instalación dunha terceira depuradora que contará coa tecnoloxía máis avanzada para o tratamento do efluente.
 
Ence está aberta en todo momento a informar en detalle destas medidas e investimentos á APDR para que dispoñan dun completo coñecemento da súa biofábrica.