10 de xullo de 2018.- 296 proxectos recibirán os 3 millóns de euros da II Convocatoria do Plan Social de Ence en Pontevedra, unha vez concluídos os exhaustivos traballos de valoración levados a cabo pola Comisión de Seguemento do Pacto Ambiental entre a Xunta de Galicia e Ence.
Do total dos 470 proxectos presentados á convocatoria resultan, en consecuencia, adxudicatarias o 63% das solicitudes, que supoñen 70 beneficiarios máis que na primeira edición do Plan Social de Ence en Pontevedra, cifras que mostran a gran acollida da iniciativa da compañía.
A área de actuación que máis proxectos recibiu foi o de Apoio ao Deporte de Base, con 175 solicitudes das cales 111 foron outorgados, seguida de Educación e Cultura, con 57 solicitudes das cales 50 foron adxudicadas.
Área de actuación |
Nº Proxectos beneficiarios |
Nº de solicitudes presentadas |
Recuperación e Coidado da Contorna |
48 |
93 |
Loita contra a Exclusión Social |
34 |
41 |
Apoio á Educación e Cultura |
50 |
57 |
Apoio ao Deporte de Base |
111 |
176 |
Impulso ao Emprendemento e á Innovación |
28 |
65 |
Axudas Veciñais Diversas |
25 |
38 |
Total |
296 |
470 |
Antonio Casal, Director Territorial de Ence en Galicia, afirmou que “Ence valora moi positivamente a gran acollida do Plan Social de Ence en Pontevedra, así como o elevado número de proxectos que recibirán achegas e de persoas beneficiadas. A empresa reitera o seu compromiso cos seus veciños de Pontevedra e confía en que o seu programa de responsabilidade social seguirá contribuíndo de maneira destacada á calidade de vida dos cidadáns de Pontevedra e a súa comarca”.
A avaliación do gran número de solicitudes presentadas á segunda edición do Plan foi levada a cabo pola consultora EY, que realizou unha pormenorizada e detallada valoración de todos os proxectos, e cuxo traballo foi fundamental para garantir o máximo rigor na selección das solicitudes presentadas.
Ence procedeu a comunicar a resolución da Convocatoria a cada unha das entidades ou persoas físicas que presentaron solicitude, vía correo electrónico.