8 de xuño de 2018.- Tras as recentes declaracións de representantes da APDR sobre o programa de investimentos ambientais de Ence-Pontevedra, a compañía desexa aclarar aos seus veciños que proxecta utilizar gas natural licuado (GNL) como combustible de apoio para o funcionamento da súa biofábrica de Lourizán, pero non prevé construír unha gran regasificadora, como as existentes en porto para a recepción de buques metaneiros, senón tan só un pequeno equipo para gasificar o GNL como hai en gasolineiras e moitas outras instalacións.
O proxecto, que supoñerá un investimento de 2 millóns de euros, forma parte do programa de melloras ambientais da biofábrica de Ence e permitirá eliminar o uso de fuel-oil. Doutra banda, estará dotado das tecnoloxías e sistemas de seguridade máis avanzados do sector.
O gas natural transportarase ata a biofábrica en camións cisterna a unha temperatura de 162ºC. O gas será utilizado nos fornos de cal da planta e supoñerá unha maior facilidade de uso, xa que non precisa de quecemento de tubaxes e circuíto. Dentro dos combustibles de orixe fósil, o GNL é o que ten un menor impacto na contorna, á vez que permite unha eficiencia enerxética superior aos demais combustibles fósiles e, por tanto, menores emisións.
As vantaxes ambientais do gas levaron a Ence a incorporar o GNL mediante a instalación dun conxunto de equipos e dispositivos para a recepción, descarga e adecuación para o seu consumo. Entre as devanditas vantaxes destaca a súa ausencia total de emisión de partículas sólidas, hollines, fumes, etc, así como unha redución de emisión de CO2 en torno ao 30%.
Comparación de emisións según combustible:
Combustible |
Partículas (mg/Nm3) |
SO2 (mg/Nm3) |
NOx (mg/Nm3) |
Gas Natural |
0 |
0 |
120 |
Fuel-oil |
20 |
1100 |
450 |
Concretamente, o uso de gas natural nas instalacións de Ence permitirá lograr cero emisións de partículas, así como unha emisión de SO2 nula por non ter xofre na súa composición. Ademais, o GNL ofrece mínimas emisións de NOx por ter mellor control de chama, así como unha menor pegada de carbono por ter un proceso de obtención máis limpo que o fuel. En definitiva, Ence logrará mellorar aínda máis a calidade das súas emisións, que actualmente xa se atopan entre as mellores do sector en Europa.