1 de agosto de 2017.- Ence Pontevedra celebrou hoxe o acto de entrega das axudas veciñais que resultaron seleccionados na I convocatoria de Plan Social da compañía en Pontevedra. Representantes dos 26 proxectos adxudicatarios acudiron á terminal cuberta de Ceferino Nogueira no porto de Marín onde tivo lugar o acto de firma do convenio para a adxudicación das axudas, que permitirá a inmediata posta en marcha dos proxectos.
Os proxectos presentados a dita área de actuación desenvolverán as súas actividades no ámbito territorial, financiando festas patronais, visitas culturais e mellora e mantemento das instalacións das asociacións.
Ence mostra o seu compromiso cos veciños a través das axudas concedidas ás distintas asoaciacións beneficiarias dos concellos de Pontevedra, Poio e Marín, consolidando deste xeito o seu interese polo benestar da comarca. Isto, sumado ó esforzó que realiza día a día por mellorar as súas condicións medioambientais, garante o compromiso de Ence co seu entorno.
Gran parte dos proxectos seleccionados dentro da categoría de axudas veciñais destinarán as aportacións para seguir mantendo a tradición cultural das súas festas patronais. Desta maneira, promóvense e consolídanse os valores que veñen transmitíndose de xeración en xeración para garantir a súa pervivencia cultural.
A empresa pecha con este acto de firma de convenio a I Edición do Plan Social de Pontevedra, o cal foi impulsado ca súa máxima ilusión e co que espera mellorar a calidade de vida de todos os cidadáns de Pontevedra, Poio e Marín.
Nos próximos meses iremos coñecendo o desenvolvemento dos distintos proxectos beneficiarios de cada unha das sete áreas de actuación o que demostrará, unha vez máis, o significativo esforzo e responsabilidade da fábrica co seu entorno.