Ence Pontevedra volveu superar folgadamente en 2014 as esixencias ambientais da Unión Europea

Pontevedra. 30 de setembro de 2015.-  Pontevedra mellorou folgadamente un ano máis a normativa medioambiental da UE, a máis esixente do mundo. Así se desprende dos datos que miden o comportamento ambiental da fábrica de Ence e que están recollidos na Declaración Ambiental 2014 (DMA 2014) da empresa. A DMA 2014 está auditada por AENOR, ou o que é o mesmo: un terceiro independente verifica que toda a información recolleita neste documento reflicte de xeito fiel a realidade ambiental do Centro de Operacións. O documento está a disposición da cidadanía en https://encepontevedra.com/documentacion.php

O Centro de Operacións de Ence en Lourizán reduciu as súas emisións atmosféricas de partículas en 2014 máis dun 14% con respecto ao ano anterior. E con iso completa un decenio no que a redución de partículas alcanza o 33%.

 

“Achegamos datos contrastados por terceiros que demostran que levamos anos nun proceso de mellora moi importante”, explica o director da fábrica, Antonio Casal. “Pero na nosa aposta pola sostibilidade queremos ir moito máis alá. Hai un tema no que traballamos especialmente: acabar cos cheiros. Ás veces aínda cheira. E non pode cheirar nunca”.

De acordo aos datos incluídos na DMA 2014 de Ence Pontevedra, unha empresa especializada e acreditada pola Entidade Nacional de Acreditación (Enac), concluíu que a redución de emisións olorosas entre 2012 e 2014 alcanzou o 61%. As conclusións de Labaqua foron examinadas e validadas por técnicos da Universidade de Santiago.

Efluente Líquido

A mellora é igualmente importante nos indicadores relativos ao efluente líquido da fábrica. A Demanda Biolóxica de Osíxeno (DBO5) experimentou unha mellora do 25%. A Demanda Química de Osíxeno (DQO) mellorou nun 3%. Estes avances permitiron que aínda que as normas BREF da Unión Europea foron revisadas e desde 2014 son máis estritas, a fábrica continúe mellorando nun 80% as esixencias ambientais comunitarias.

“Dixemos que imos demostrar que desde Pontevedra pódese xerar un exemplo global de sostibilidade na industria, un espello ao que outros queiran mirarse, e farémolo”, afirma Casal. Cun investimento superior aos 20 millóns de euros, Ence pretende reducir o seu consumo de auga, e o volume do seu efluente a Ría, noutro 90%.