Produtores de madeira do val de Lourenzá venderanlle a Ence ata 30.000 toneladas de madeira nos próximos 6 meses

28 de setembro de 2015.- Os productores forestais que conforman a Asociación Forestal do Val de Lourenzá (Asfodoval) venderanlle a Ence ata 30.000 toneladas de madeira nos próximos seis meses. O acordo vén sumarse a outros similares alcanzados nos últimos meses pola empresa e asociacións de productores forestais de diferentes partes de Galicia.

Ence é a principal empresa galega de transformación madeireira. Asfodoval é unha asociación de productores forestais que traballan, principalmente, nos municipios mariñaos de Trabada, Barreiros e Lourenzá.

O convenio alcanzado por Ence e os madeireiros contempla importantes primas que poden supoñer ata 4 euros adicionais por tonelada, para aqueles produtores posuidores de parcelas colindantes que queren traballar conxuntamente. Ence profunda así na súa política de estímulo ao traballo conxunto entre propietarios forestais. A suma de esforzos e a xestión conxunta dos voos das plantaciones forestais é fundamental para impulsar a competitividade da madeira galega no mercado global.

Ence continuará estimulando o traballo conxunto dos madeireiros que teñan parcelas colindantes, así como outras cuestións fundamentais para garantir o acceso da madeira galega aos mercados europeos, como a certificación forestal.

A empresa prevé avanzar, ademais, na súa política de apoio ás asociacións de produtores de madeira. As asociacións de propietarios forestais xa están permitindo modernizar a xestión de plantacións en diferentes zonas de Galicia, especialmente nas comarcas de Ferrolterra, Ortigueira e A Mariña, nas que diferentes agrupacións de madeireiros lograron importantes avances en asuntos crave como a competitividade ou a sostibilidade. Ence quere continuar impulsando o traballo conxunto. Todas as partes do sector forestal benefícianse das melloras que alcance cada unha das ligazóns da cadea monte industria.