Ence investiu preto de 80 millóns de euros na súa fábrica de Pontevedra na última década

17 de setembro de 2015.- Ence investiu 77.8 millóns de euros no seu Centro de Operacións de Pontevedra nos últimos 10 anos contables pechados (período 2005-2014). Preto do 29% deses investimentos, máis de 22.47 millóns de euros, destináronse a proxectos de mellora ambiental. Tan só a planta depuradora da fábrica tivo un custo superior aos 12 millóns de euros.

Este esforzo investidor xerou importantes melloras. Os 2 principais indicadores de calidade do efluente líquido de Ence experimentaron avances radicais. A Demanda Biolóxica de Osíxeno (DBO) do efluente reduciuse no período en mención un 80%. A Demanda Química de Osíxeno (DQO) reduciuse nun 30%. E estas melloras ocorridas a partir de 2005 viñeron sumarse a outras anteriores que facilitaron, por exemplo, que Ence necesitase en 2014 un 73% menos de auga da que precisaba antes para producir unha tonelada de pasta. A empresa traballa xa no desenvolvemento dun proxecto para reducir noutro 90% a demanda de auga.

Dos case 80 millóns de euros investidos por Ence en Lourizán entre 2005 e 2014, máis de 8 destináronse aos proxectos de eliminación de cheiros e redución das emisións de vapor. Ata o momento alcanzáronse melloras superiores ao 98% en materia de eliminación do impacto oloroso. Con todo a empresa non está aínda satisfeita e por elo onte anunciou investimentos por outros 8 millóns de euros nos exercicios 2016 e 2017 para seguir avanzando cara ao Obxectivo Cheiro Cero.

Ence considera que a poboación de Pontevedra debe coñecer estes datos e a realidade da actividade da factoría. A compañía seguirá difundindo, ademais, información sobre os seus proxectos de investimento. A empresa convida ademais aos seus detractores a visitar as súas instalacións para que poidan falar a partir de datos.