Produtores de madeira de eucalipto de Mañón (A Coruña) venderán a Ence ata 10.000 toneladas de madeira de eucalipto nos próximos 6 meses

14 de setembro de 2015.- Os produtores forestais que conforman a Asociación de Produtores de Madeira de Mañón (Promamañón) venderán a Ence ata 10.000 toneladas de madeira ata o mes de febreiro.

O convenio alcanzado por Promamañón e Ence Energía y Celulosa determina un prezo base que inclúe unha prima pola dobre certificación da madeira, de acordo aos estándares internacionais de cultivo responsable de PEFC e FSC. Ence continúa así avanzando no seu obxectivo de avanzar no consumo de madeira cultivada de forma responsable. E os productores de Promamañón obterán un maior beneficio por apostar pola sostenibilidade dos seus cultivos.

Promamañón é unha das asociacións de produtores de madeira que aposta sen circunlóquios polos cultivos responsables. A asociación, da man dos colectivos de produtores de madeira de Cedeira, As Somozas e Agarimo, impulsou a creación do Grupo de Certificación Forestal Xefosnor, que colabora técnicamente cos produtores de madeira vinculados ás asociacións promotoras para facilitar a implantación dos requisitos esixidos polos estándares de sostenibilidade.

Indexación do prezo

De acordo co convenio asinado por Promamañon e Ence, o prezo de compra da madeira se indexará cada 3 meses co prezo da pasta de celulosa. Os productores de madeira comparten así beneficios coa empresa no caso de que o prezo da pasta suba durante o prazo no que o contrato se mantén vixente.

Ademais, este convenio tamén mantén primas pola constitución de coutos redondos entre propietarios que teñan parcelas colindantes sempre que o resultado en madeira destas unións de propietarios supere as 1.000 toneladas. A prima ofrecida por Ence pola constitución de coutos redondos oscila entre 1 euro adicional por tonelada de madeira vendida por cada produtor para coutos redondos de máis de 1.000 toneladas ata os 4,5 euros por tonelada para unións de parcelas que sumen 10.000 ou máis toneladas de madeira.