Ence Pontevedra compra máis de 13 millóns de euros ao ano en madeira a subministradores e provedores de Pontevedra

11 de setembro de 2015. Ence destina máis de 13 millóns de euros ao ano para comprar madeira de Pontevedra para a súa fábrica. Así se desprende dos datos de compra de madeira posta en fábrica no último trienio. A empresa consome cada ano máis de 280.000 toneladas de madeira eucalipto cultivada por produtores da provincia que lle venden directamente, ou a través de subministradores, á empresa.

No tocante ás compras locais, Ence compra cada ano a empresas subministradoras de madeira e produtores forestais do municipio de Pontevedra aproximadamente 125.000 toneladas de madeira ao ano, ou o que é o mesmo, a madeira que transportan 5.000 camións. O volume de facturación destas empresas locais para o abastecemento da madeira posta en fábrica superou os 17,5 millóns de euros no último trienio.

Ence compra madeira directamente a comunidades de montes e asociacións de produtores e abastécese tamén por medio de empresas subministradoras. Para o caso de Pontevedra, as empresas intermediarias locais achegan gran parte da madeira comprada no municipio. Estas compañías compran eucalipto en toda a provincia para venderllo a Ence para a transformación da acha da madeira para a súa exportación.

Da mesma maneira que na comarca existe unha ampla rede de empresas de servizos auxiliares industriais crecida da man da demanda de servizos deste tipo xerada por Ence e grazas ao bo traballo dos seus equipos profesionais, na cidade existen tamén empresas destinadas á subministración de madeira que traballan en boa medida para a fábrica de Lourizán.

Baixos niveis de produción de madeira procedente de cultivos responsables

A respectable aposta dalgunhas comunidades de montes por cultivos alternativos ao eucalipto impide a Ence elevar as compras directas a madeireiros locais. O feito de que estas comunidades de montes centráronse noutro tipo de produción madeireira provocou, ademais, que optasen por dedicar moitos menos esforzos que as comunidades de montes máis profesionalizadas de Galicia a cuestións fundamentais para a modernización do sector forestal galego. E neste sentido é especialmente importante a sustentabilidade dos cultivos, ou o que é o mesmo, a adopción de esquemas de produción de madeira que garantan o respecto ao medio ambiente. Ence prioriza nas súas compras forestais a madeira procedente de cultivos responsables coas certificacións correspondentes.

Produtores de madeira, asociacións de madeireiros, e comunidades de montes do norte de Galicia e tamén do sur da provincia de Pontevedra, apostaron en gran medida pola sustentabilidade nos seus cultivos nos últimos anos. A pasta de papel procedente de cultivos responsables ten un maior prezo no mercado internacional e, por tanto, xera maiores ganancias para os produtores de madeira.