CARTA AOS CIDADÁNS DE PONTEVEDRA (2). Ence investirá máis de 20 millóns de euros nunha terceira depuradora que achegará unha máxima calidade ao seu efluente

  • A fábrica de celulosa reducirá o volume do efluente á Ría en preto dun 90%

  • A nova depuradora en serie que instalará Ence estará dotada da máis avanzada tecnoloxía

  • Non existen proxectos comparables en funcionamento na industria española

 

Estamos a traballar nun proxecto absolutamente pioneiro en España: o proxecto Novo Ciclo da Auga na nosa fábrica de Lourizán, que incorporará unha terceira depuradora en serie coa máis avanzada tecnoloxía. Un proxecto tecnolóxico que inclúe solucións como as que se empregan para a potabilización da auga do mar, o que dá idea da alta calidade que Ence vai conseguir na depuración do efluente da fábrica.

A nova depuradora permitiranos reducir nun 90% o volume do noso efluente á Ría e tomar do río Lérez tan só o 10% do consumido en 2014.

Para acadar estes obxectivos, queremos reutilizar a práctica totalidade da auga do noso proceso industrial. Todo iso mediante un sistema permanente de reciclaxe, reutilización, filtración, ultrafiltración e osmose inversa.

Para desenvolver este proxecto, realizamos un concurso técnico no que participan seis empresas multinacionais expertas en depuración de augas: Aqualia, Aqualogy, Cadagua, Degremont, Sadyt e Veolia. O investimento previsto superará os 20 millóns de euros e permitiranos poñer en marcha un sistema de depuración sen comparación na industria española e dos máis avanzados a nivel mundial.

Queremos facer este esforzo económico e tecnolóxico porque a Ría de Pontevedra é para nós unha cuestión capital. Porque somos de Pontevedra, e a Ría é parte das nosas vidas. E porque sabemos, ademais, que os nosos clientes dos países máis ricos de Europa esixen produtos totalmente respectuosos co medio e prefiren produtos papeleiros derivados de celulosa totalmente libres de cloro, como a que fabricamos en Pontevedra. Os nosos clientes valoran que formemos parte dunha Ría exemplar.

A fábrica de Ence en Pontevedra mellora hoxe en moito as mellores prácticas na Unión Europea ?os denominados indicadores BREF?, así coma as esixencias da Autorización Ambiental Integrada (AAI) pola que opera. E xa melloramos con moito os procesos de depuración de todas as fábricas europeas do noso sector. Ademais, xa logramos reducir o consumo de auga á metade nos últimos anos. Pero queremos máis. Queremos camiñar cara á conversión da Ría nun exemplo mundial de desenvolvemento económico sostible e convivencia da industria, a pesca e o marisqueo, o deporte, o turismo e as actividades portuarias. ¿Quen di que dende Pontevedra non podemos facelo?

En Ence cremos nunha Ría exemplar. Nunha Ría na que a que convivan todas esas actividades. Cremos que Pontevedra pode construír un modelo de economía sostible arredor da Ría. Sabemos que hai problemas; corrixámolos. Sabemos que podemos mellorar; fagámolo. Ence estao a facer xa.