A Dirección e os traballadores de Ence acollen con satisfacción a resolución de Costas, fundamental para garantizar o emprego xerado pola transformación de madeira galega dende Pontevedra

06 de agosto de 2015. Ence quere expresar a súa satisfacción pola resolución do expediente de caducidade da concesión da fábrica de Lourizán, que confirma que non se ve afectado o funcionamento das súas instalacións produtivas de Pontevedra, que quedan plenamente amparadas pola vixencia da concesión.
 
A mencionada resolución é un motivo de tranquilidade para os preto de 350 empregados de Ence en Pontevedra, así como para as outras 500 persoas máis cuxos empregos na bisbarra dependen da fábrica. E tamén o é para os máis de 4.000 traballadores e traballadoras doutras partes de Galicia cuxa actividade profesional tamén está relacionada coa actividade de Ence.
 
Como se recordará, as conclusións preliminares do estudo que está a realizar a Universidade de Vigo, a través da Cátedra Ence, sobre a actividade forestal de Ence en Galicia, determinan que a subministración sostida de madeira galega a Ence xera máis de 3 millóns de xornais nos montes da comunidade autónoma.
 
Ence reitera o seu firme compromiso co coidado do ámbito natural de Pontevedra, e moi especialmente da súa Ría, así como coa calidade de vida dos seus veciños. Así o demostrou a empresa nos últimos anos, nos que a actual Ence conseguiu converter a antiga fábrica no seu día vencellada ao Instituto Nacional de Industria na mellor do seu sector en Europa polos seus parámetros ambientais. A empresa quere levar a cabo un ambicioso plan de investimentos e proxectos de mellora adicionais co obxectivo de consolidar e garantir en todo momento a excelencia ambiental das súas instalacións.
 
A dirección e os traballadores de Ence aproveitarán a boa noticia relativa aos terreos da concesión para facer con máis ilusión, se cabe, o que sabe facer: mellorar a cota de mercado da celulosa producida coa madeira galega en Europa e avanzar para converter as nosas fábricas en exemplos globais polo seu desempeño ambiental.