As empresas Senra e Rías Baixas Vilamiño, adxudicatarias na renovación dos contratos de servizos de albanelería e andamiaxe no Centro de Operacións de Ence en Lourizán

 
30 de xullo de 2015. A empresa pontevedresa de maquinaria Senra e a tamén galega e implantada en Pontevedra Rías Baixas Vilamiño resultaron adxudicatarias dos procesos de licitación lanzadas por Ence a renovación da contratación externa dos servizos de albanelaría e andamiaxe. A adxudicación do novo contrato supón cambiar de empresa prestamista de servizos pero manter o mesmo número de postos de traballo asignados polas empresas adxudicatarias a estas tarefas: un total de 6 empregados, todos eles de Pontevedra e bisbarra.
 
Os operarios encargados de prestar baixo demanda servizos de albanelaría e estada nas instalacións de Ence en Lourizán forman parte do preto dun centenar de persoas que prestan servizos externos á empresa de xeito continuado. Entre eles hai que contar o persoal que traballa en áreas como Seguridade, Recepción, Almacén ou Parque de Madeiras.
 
A renovación dos contratos supón importantes melloras en eficiencia que supoñen un avance máis en materia de competitividade por parte da empresa. Ence Pontevedra exporta o 97% da súa produción a fábricas de papel de toda Europa. A produción de celulosa galega compite neses mercados coa de diferentes países. Continuar avanzando en competitividade permite consolidar a penetración da produción forestal galega en países como Alemaña, Italia, Austria ou Polonia.