Ence reitera o seu firme compromiso co medio ambiente e co desenvolvemento económico e social de Pontevedra

16 de xuño de 2015. En relación ao informe-proposta de resolución do Servizo de Costas de Pontevedra no expediente de caducidade da concesión da fábrica de Lourizán, a compañía ve positivamente que a devandita proposta non afecte ás súas instalacións produtivas de Pontevedra, que quedarían plenamente amparadas pola non caducidade da concesión.
 
Ademais, o informe resta crédito con grande contundencia argumental ás teses defendidas por determinadas voces segundo as cales concorrían motivos administrativos para o peche da fábrica, e é un motivo de tranquilidade para os 330 empregados de Ence, así como preto de 500 persoas máis cuxos empregos na bisbarra dependen da fábrica.
 
Logo fa publicación deste informe, Ence Energía y Celulosa quere reiterar o seu firme compromiso co coidado do ámbito natural de Pontevedra, e moi especialmente da súa Ría, así como coa calidade de vida dos seus veciños. Para iso, Ence quere levar a cabo un ambicioso plan de investimentos e proxectos de mellora co obxectivo de garantir en todo momento a excelencia ambiental das súas instalacións.
 
Así mesmo, consciente da importancia da súa actividade para o seu ámbito e os seus veciños como principal empresa da bisbarra, Ence expresa o seu total compromiso e disposición para colaborar e axudar na solución de problemas que, aínda non sendo responsabilidade súa, inciden na calidade ambiental da Ría e nas posibilidades de desenvolvemento económico e social.
 
A empresa xa anunciou investimentos por máis de 70 millóns de euros en Pontevedra. Pero son só unha parte do importe que Ence prevé destinar a construír, en caso de que obteña a prórroga da concesión, non xa non unha fábrica aínda máis competitiva, ecolóxica e eficiente, senón tamén nodos de creación de coñecemento en Pontevedra relacionados co sector forestal e a establecer, ademais, un novo pacto social co seu ámbito.
 
Ence desexa poder establecer un diálogo canto antes coas administracións públicas, comezando polas administracións locais, e con colectivos cidadáns e empresariais para traballar conxuntamente.