Alumnos e alumnas do Lycée Marie Le Franc de Lorient (Francia) visitan as instalacións de Ence en Pontevedra

04 de xuño de 2015. Por quinto ano consecutivo, alumnas e alumnos do Lycée Marie Le Franc de Lorient, na Bretaña francesa, visitaron as instalacións de Ence Pontevedra. Este centro educativo bretón realiza cada ano, no mes de xuño, unha viaxe de coñecemento a Galicia. E dende 2010 visitan as instalacións de Ence Pontevedra para saber máis sobre a industria forestal, tanto no que ten que ver co proceso industrial coma no relativo á comercialización da pasta de papel. 
 
Este ano, foron unha vintena as alumnas e alumnos que se achegaron a Lourizán para coñecer o proceso de producción da pasta de papel e o funcionamento de aspectos coma a loxística ou a exportación. Na compaña de tres docentes, a visita comezou cunha explicación na Aula de Formación de Ence Pontevedra sobre o proceso de producción de pasta de papel e a xeración de enerxía renovable a partir de residuos forestais, así coma sobre a comercialización da pasta de papel. Ence Pontevedra exportou en 2014 máis do 97% da súa producción. Logo da explicación na Aula, os estudantes percorreron diferentes partes das instalacións de Ence en Lourizán para coñecer de primeira man o proceso industrial.
 
O grupo de estudantes procede este ano do Bacharelato Profesional de Comercio que se estuda no Lycée Marie Le Franc. Amosaron unha especial interese, loxicamente, no que ten que ver coa comercialización do produto. A viaxe dos alumnos e alumnas do Lycée Marie Le Franc contempla cada ano visitas a outras grandes instalacións industriais de Galicia coma Inditex.