Ence lanza a cuarta convocatoria do seu programa de Becas para Estudos de Máster, dirixida a universitarios da comarca de Pontevedra

5 de maio de 2015. Ence convoca por cuarto ano o seu Programa de Becas para Estudos de Máster dirixido a estudantes de Pontevedra e comarca. Os beneficiarios e beneficiarias das axudas poderán efectuar os sus estudos en universidades de Galicia, o resto de España ou o estranxeiro.

Cada unha das becas para a realización de estudos nas universidades galegas terá unha dotación de 3.000 €. Para aqueles seleccionados que queiran avanzar a súa formación noutros centros do territorio español  sumaráselles unha cantidade de 1.000 € en concepto de axuda de desplazamento. Por outro lado, os galardoados que leven a cabo a súa mestría no estranxeiro contarán cunha axuda de 6.000 €.

A empresa outorgará un total de 5 becas tendo en conta, para a elección das personas becadas, os resultados académicos e a pertinencia dos estudos coas bases da convocatoria, xa dispoñibles en https://encepontevedra.com. Con esta iniciativa, Ence renova o seu compromiso de apoiar ós mellores talentos que consideren realizar os seus estudos en centros estranxeiros de alto nivel de especialización e prestixio.

Prácticas na empresa

Nun esforzo por adaptarse ás esixencias dos novos plans de estudo, Ence da preferencia ós alumnos seleccionados á hora de realizar as súas prácticas na empresa, así como de desenvolver o seu Traballo Fin de Máster sobre algunha das áreas que compoñen Ence Energía y Celulosa.

Tal e como se establece nas bases da convocatoria, a empresa priorizará as solicitudes de aqueles estudantes que queiran especializarse nas disciplinas relacionadas coaprotección do medioambiente e a biodiversidade, as ciencias forestais e agrarias, a enxeñaría, o desenvolvemento industrial e infraestructuras territoriais, a administración e xestión da empresa e as ciencias sociais e da comunicación.

Os candidatos deberán atoparse no momento da presentación da solicitude en posesión dun título superior universitario recoñecido.

Os interesados poden solicitar máis información sobre a IV Convocatoria de Becas para Estudos de Máster de Ence Pontevedra a través da dirección de correo electrónico becasencepontevedra@ence.es.