Alumnos e alumnas da Xunqueira II visitan Ence

7 de novembro de 2014. Un grupo de 19 alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO do IES A Xunqueira II visitaron as instalacións de Ence en Lourizán. Acompañados por dous dos seus profesores, puideron coñecer o proceso de fabricación polo que a madeira galega se converte nun ben de exportación destinado a países norte de Europa como Alemaña, Suecia ou Polonia.

A visita incluíu unha explicación didáctica nunha aula e un percorrido polas instalacións do Centro de Operacións de Ence. Durante a formación en aula, dous técnicos explicáronlles tanto o proceso completo coma o detalle do traballo eléctrico na fábrica, no que por motivos curriculares mostraron un interese especial.

Nas instalacións, coñeceron en profundidade o traballo no Parque de Madeiras e o funcionamento do sistema de control distribuído que permite xestionar con ferramentas informáticas de última xeración todas as operacións de recepción de madeira, descortizado, quebrado e entrega para a cocción. Tamén mostraron un interese especial ao coñecer a última parte do proceso de produción de pasta de celulosa -secado e embalado- e o almacén dende o que se coordina a loxística para a exportación.