Os principais indicadores de calidade do efluente de Ence é Ría melloraron máis dun 95% nos últimos 25 anos

25 de outubro de 2014. Por cada 10 litros de auga que consumía o Centro de Operacións de Ence en Pontevedra hai 25 anos, en 1989, hoxe consume 4.3 litros. A redución do consumo de auga de Ence Pontevedra dende 1989 é dun 43%. E iso sucede despois de que a fábrica incrementase substancialmente a súa produción. O principal centro de transformación para a exportación de madeira galega necesitou en 2013 un 73.2% menos de auga que en 1989 para producir unha tonelada de pasta.

Este avance é resultado dos investimentos en mellora ambiental efectuados por Ence dende os anos 90. E moi especialmente a partir de 2006. A realidade daquela fábrica, a de 1989, ten que ver moi pouco coa da actual factoría de Lourizán. De feito, naquela época a fábrica aínda empregaba cloro no seu proceso produtivo. Dende 1997, a factoría galega de Ence é unha das dúas únicas de Europa que producen pasta de papel 100% libre de cloro (TCF, Totally Chlorine Free), a defendida polas principais asociacións ecoloxistas do mundo como opción responsable de consumo de papel procedente de fibras -non de procesos de reciclaxe-.

Os datos de mellora ambiental son especialmente reveladores no que ten que ver coa calidade do efluente líquido. Ence Pontevedra dispón dende 2006 dun sistema de depuración que lle permitiu liderar o ranking europeo de fábricas do seu sector pola calidade do seu efluente.

Avances en DBO e DQO

Para medir esta calidade na industria papeleira da Unión Europea empréganse 7 indicadores. Os máis importantes son a Demanda Química de Osíxeno do efluente (DQO) e a Demanda Biolóxica do Efluente (DBO5). Ou o que é o mesmo, os indicadores que serven para medir o osíxeno que consume un efluente que se deposita nun corpo de auga. Ese osíxeno -contido na auga- é o que tamén precisan a flora e a fauna acuática. Se un efluente demanda moito osíxeno, réstallelo aos animais e ás plantas mariñas. Ao falar de DBO e de DQO, de Ence nos últimos 25 anos son especialmente importantes.

En 1989, cando a factoría de Lourizán aínda estaba adscrita ao antigo Instituto Nacional de Industria (INI), a DQO do efluente da fábrica era de 93,8 kg/tAD. En 2013, e de acordo a datos auditar por terceiros independentes e polos controis das administracións públicas, a DQO foi de 4,59 kg/tAD. A mellora é do 95%.

No caso da DBO5, o avance é mesmo superior. Pasouse dos 25,16 kg/tAD de 1989 aos 0,40 de 2013. En termos porcentuais, a mellora é dun 98.4%. No resto dos indicadores establecidos pola UE para medir a calidade dun efluente líquido a un corpo de auga rexistráronse melloras semellantes. A información sobre o desempeño ambiental actual, e sobre a totalidade dos indicadores, está dispoñible no sitio web https://encepontevedra.com. En todo caso, existe un consenso total a nivel científico sobre o feito de que a DQO e a DBO son os parámetros máis importantes para determinar a calidade dun efluente líquido.

A empresa xa está á vangarda do seu sector en Europa en xestión ambiental. E traballa para continuar mellorando na materia. De aí plans como os de redución de olores. E outras melloras moito menos perceptibles para a poboación. Como a emisión de partículas, por exemplo. De acordo á Organización Mundial da Saúde e as principais organizacións ecoloxistas do mundo, as partículas en suspensión no aire, principalmente polas emisións dos motores diesel do tráfico rodado, son co principal problema de contaminación ambiental nas cidades. Ence mellora notablemente dende hai anos as normas establecidas para a emisión de partículas. E o traballo para a consolidación da factoría como líder europea en xestión ambiental continúa dando froitos: en 2013, reduciu un 30% a emisión de partículas.