Directivos da Asociación de Pescadores Tenlo de Marín interésanse polos avances da fábrica de Ence en Lourizán

16 de abril de 2014. A xunta directiva da Asociación Cultural e Deportiva de Pescadores de Marín tenlo de Marín visitou as instalacións de Ence en Lourizán (Pontevedra) e participaron, ademais, nun diálogo con representantes de Ence sobre o funcionamento da fábrica e os plans de mellora ambiental que fixeron da factoría un referente no seu sector en Europa atendendo a criterios como a calidade da depuración das súas augas residuais.

A visita comezou cunha reunión na que puideron aproximarse ao proceso polo cal a partir de madeira, principalmente de orixe galega, se xera pasta de celulosa totalmente libre de cloro para a exportación e prodúcese enerxía renovable. Despois realizaron un percorrido pola fábrica que comezou no Parque de Madeiras, no que se recibe a materia prima e procédese ao descortizado e o quebrado. 260 camións achegan cada día madeira ás instalacións de Ence en Pontevedra. O 70% da madeira é de orixe galega.

O percorrido da directiva de Tenlo polas fábrica continuou pola área de Dixestores, na que a madeira pasa polos procesos de cocción, lavado e branqueo con osíxeno e auga osixenada. Finalmente, coñeceron o punto de saída da pasta xa seca, e os procesos de embalaxe e almacenamento.