Os beneficiarios das Bolsas Ence para estudos de Master reúnense nas instalacións da empresa

25 de nadal de 2013. Os beneficiarios e beneficiarias das II Becas Ence para Estudos de Master mantiveron un encontro nas instalacións de Ence en Lourizán co director da fábrica, Antonio Casal.

Durante a reunión, os estudantes explicaron como está a ser a súa experiencia nos seus respectivos centros de estudo. E tiveron tempo, ademais, para intercambiar opinións con Casal de diferentes temas. Entre outras cuestións, e por solicitude de Casal, achegaron algunhas ideas para continuar reforzando o programa de Bolsas de Ence para estudos de máster.

En 2014, Ence lanzará a terceira convocatoria de bolsas para este tipo de estudos. Esta iniciativa intégrase no firme compromiso de Ence de contribución ao desenvolvemento económico e social de Pontevedra. Neste sentido, a empresa considera que a profunda crise que atravesa a nosa sociedade precisa esforzos por parte de todos os colectivos sociais, e concretamente o empresarial, para facer fronte aos retos sen precedentes aos que se enfronta a nosa comunidade. A formación é fundamental para construír un tecido empresarial capaz de afrontar as esixencias e serias dificultades económicas, e avanzar cara a unha sociedade máis próspera e un ámbito sostible.

Os beneficiados do II Programa de Bolsas de Ence cursan estudos en temas como Bioenerxía, Bioprodutos e Biomateriales, Enxeñaría Ambiental, Desenvolvemento Sostible, Análise Económica, Dirección de Comunicación ou Sistemas de Información Xeográfica. Realizan os  seus estudos en Grenoble (Francia), Barcelona, Girona, Madrid, Vigo e Santiago.