O Concello arquivou hai meses a reclamación a Ence polo imposto polo uso ou aproveitamento de chan, subsolo e voo das vías públicas

25 de novembro de 2013. A reclamación do Concello a Ence polo non pagamento dunha taxa que corresponde a empresas que prestan servizos públicos como a comercialización de enerxía ou de servizos de telefonía e á que hoxe se referiu o conselleiro de Economía e Facenda en rolda de prensa foi arquivada hai meses. Ence respondeu por escrito ao Concello o pasado mes de xaneiro a un procedemento de inspección tributaria sobre o suposto non pagamento, por parte da empresa, da taxa polo aproveitamento especial por ocupación do subsolo, chan e voo da vía pública. Tras a resposta de Ence, a causa foi arquivada.

Na comunicación enviada o 21 de xaneiro deste ano pola empresa ao servizo de Inspección Tributaria do Concello de Pontevedra, aclarábase que a empresa “non” realiza actividades de comercialización nin de distribución de enerxía eléctrica” “no municipio de Pontevedra” e, polo tanto, non ten a condición de suxeito pasivo” desa taxa. E o Concello procedeu a arquivar o expediente.

Sorprendentemente, meses despois de que o expediente tivese sido arquivado o Concello acusa a Ence de non pagar unha taxa que corresponde ás empresas que prestan servizos públicos-telefonía, gas, enerxía eléctrica… -. Ence dedícase á produción de pasta de papel e de enerxía con biomasa que verte á rede do Sistema Eléctrico Nacional, pero que non comercializa usuarios finais, polo que é improcedente a aplicación desta taxa.

O Real Decreto 2/2004 establece a taxa a aplicar ás empresas que efectúan actividades de distribución e/ou comercialización de servizos de telefonía, gas e enerxía eléctrica, coa que se vincula inxusta e falsamente a Ence, dado que é notorio que non se dedica a esas actividades.

Ence mostra a súa total disposición a achegar ao Concello toda a información que resulte necesaria ao Concello sobre este asunto, e solicítalle que evite verter acusacións inxustas contra a empresa. Dada a posibilidade de que o erro proceda dunha falta de coñecemento, Ence volve invitar ao Equipo de Goberno a establecer de diálogo que sirvan para que o Concello coñeza cales son as actividades reais polas que Ence xera 800 empregos na bisbarra, como se desenvolven, e como se conseguiu converter a fábrica de Lourizán nunha centro punteiro no sector de produción de pasta de papel e enerxía con biomasa en Europa.