Unha avaría eléctrica nun motor da fábrica de Ence xerou un episodio oloroso onte pola tarde

12 de agosto de 2013. Unha avaría eléctrica nun motor da caldeira de recuperación do Centro de Operacións de Ence Energía  y Celulosa en Ponevedra xerou na tarde de onte domingo un incremento anormal do impacto oloroso da factoría.


Os técnicos da empresa traballaron para resolver o problema que, grazas os sistemas de control implantados, permitiron responder con urxencia ante a situación e solucionar a incidencia en menos dunha hora.



A empresa pide desculpas á cidadanía polas molestias que puido causar este incidente e quere resaltar que en ningún momento se superaron os límites ambientais legais establecidos e que en ningún caso afectará afectou á saúde das persoas, como o evidencia o feito de que ningunha das catro cabinas de inspiración que miden a calidade do aire na cidade rexistrou valores superiores aos permitidos.



Ence seguirá traballando para erradicar os impactos olorosos da súa fábrica, aspecto do seu funcionamento no que está envorcada para o que están a efectuar investimentos próximos aos 4 millóns para a súa completa eliminación.



A caldeira de recuperación de recuperación da fábrica trata, principalmente, a lignina da madeira e a sosa empregada na cocción. A empresa está a investigar se esa avaría pode ter relación cos olores detectados onte por veciños da rúa Xoan Carlos I.



O motor danado foi substituído e a factoría continúa operando con normalidade.