Sete estudiantes de Pontevedra e comarca farán estudios de Master en España e no estranxeiro co aopio de Ence

05 de agosto de 2013. Os pontevedreses Daniel Martínez Filgueira e Miguel Rosales Sueiro serán os primeiros beneficiarios das Bolsas Ence para Estudos de Máster que ampliarán os seus coñecementos en universidades estranxeiras co apoio da empresa. A segunda convocatoria das Bolsas, que a empresa outorga dende 2012, quedou resolta, e a relación de beneficiarios e beneficiarias complétana outros cinco novos valores da bisbarra que ampliarán estudos en universidades de Galicia ou o resto de España: Alexandra Carballo Fariña, de Portas, Carolina Parada Sueiro, veciña de Lourizán, e os tamén pontevedreses José García Louzao, Sara ELisa Arribas e Fabio González Eiras.

As Bolsas axudarán aos 7 beneficiarios a ampliar os seus estudos e especializar os seus coñecementos. Os estudiantes que percibirán  axudas de 7.500 euros para os seus estudos no estranxeiro accederán ao Máster en Bioenerxía, Bioprodutos e Biomateriais do Instituto Tecnolóxico de Grenoble (Francias) e o Máster en Investigación en WebScience & Big Data Analytics do University College de Londres.



As axudas para estudos de Máster en universidades de Galicia e o resto de España son de 5.000 euros. Os beneficiarios da convocatoria 2013-2014 realizarán estudos en materias como Enxeñaría Ambiental, Desenvolvemento Sostible, Análise Económica, Dirección de Comunicación ou Sistemas de Información Xeográfica.

26 aspirantes

A convocatoria fora lanzada a finais de abril. Un total de 26 estudantes o a bisbarra presentaron as súas candidaturas. A elección das persoas beneficiadas realizouse tendo en conta o historial académico dos candidatos e candidatas, requisitos coma o coñecemento de inglés e a pertinencia dos estudos que realizarán coas áreas de coñecemento priorizadas nas bases, dispoñibles en https://encepontevedra.com.


Esta iniciativa intégrase no firme compromiso de Ence de contribución ao desenvolvemento económico e social de Pontevedra. Neste sentido, a empresa considera que a profunda crise que atravesa a nosa sociedade precisa esforzos por parte de todos os colectivos sociais, e concretamente o empresarial, para facer fronte aos retos sen precedentes aos que se enfronta a nosa comunidade. A formación é fundamental para construír un tecido empresarial capaz de afrontar as esixencias e serias dificultades económicas, e avanzar cara a unha sociedade máis próspera e un ámbito sostible.



Nas próximas semanas, Ence Energía y Celulosa organizará un evento para proceder á entrega das Bolsas e propiciar o encontro dos estudantes que integran a segunda promoción de bolseiros de Ence.