Ence renova o seu compromiso co Pontevedra CF

27 de xullo de 2012. O presidente do Pontevedra CF SAD, José Manuel Fernández Rodríguez, e o director do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra, Antonio Casal, asinaron onte o acordo polo que Ence se mantén entre os principais patrocinadores do Club en 2013. Fernández e Casal reuníronse nas instalacións da factoría de Ence en Lourizán para rubricar o convenio.

Ence Energía e Celulosa achegará 15.000 euros ao club na presente tempada. Os xogadores saltarán ao campo coa nova marca de Ence nos seus uniformes durante a tempada 2013-2014. O logo estará situado no pantalón dende o partido que se celebrará mañá domingo entre o Pontevedra CF e o Real Club Deportivo da Coruña no Estadio de Pasarón.

A colaboración entre o Pontevedra CF e Ence mantense dende hai décadas. José Manuel Fernández e Antonio Casal aproveitaron a reunión mantida onte para avanzaron no camiño para a firma dun segundo convenio que estaría destinado a apoiar ás bases do club.