O proxecto ‘Materia Propia’ gaña o Concurso de Ideas para a Integración Arquitectónica e Paisaxística do Centro de Operaciones de Ence en Pontevedra

19 de xullo de 2012. Materia Propia. Ese é o nome do proxecto arquitectónico que resultou vencedor no Concurso de Ideas a nivel de Anteproxecto para a Integración Arquitectónica e Paisaxística do Centro de Operacións de Ence en Lourizán (Pontevedra). O xurado cre que esta idea “é a que mellor recolleu os criterios e necesidades mencionados nas bases do concurso, resolvendo con claridade, de forma axeitada e sostible o obxectivo de integración da fábrica na paisaxe”.



Ence convocou en decembro do pasado ano un concurso arquitectónico para buscar ideas para mellorar a integración paisaxística do seu Centro de Operacións en Pontevedra. Participaron un total de 102 proxectos, dos que 6 foron elixidos finalistas durante o mes de maio.



A elección dun dos 6 proxectos non resultou sinxela, dada a calidade e a pertinencia dos diferentes enfoques elixidos para abordar a solución para a integración paisaxística. Na votación final, cada membro do xurado debía outorgar a cada un dos proxectos entre 1 e 6 puntos, sendo 6 os que recibiría o proxecto mellor valorado, 5 o segundo, e así sucesivamente ata 1 punto. O resultado da suma dos votos de cada membro do xurado foi o seguinte:

 

Proxecto

Puntuación

Materia Propia

33

O Barco da Bela Helenes

28

Desdibujar

22

El Bosque Encantado

21

A mari usque ad mare

12

Cambium

10

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O xurado estivo composto polo paisaxista Luis González Camino, o arquitecto Enrique León García, o presidente do Conselo da Cultura Galega, Ramón Villares Paz, o presidente de Ence, Juan Luis Arregui, o conselleiro delegado da empresa, Ignacio Colmenares, e o director do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra, Antonio Casal Lago. En opinión do xurado, os autores de Materia Propia propoñen “unha identificación conceptual honesta entre a imaxe formal resultante e a actividade da fábrica, utilizando a materia propia para resolver a envolvente dos volumes edificados e o contorno do ámbito, empregando repoludos de madeira, logrando unha intelixente simbiose entre colector e contido”.



O proxecto arquitectónico, que se desenvolverá sempre que as condicións administrativas o permitan, enmárcase dentro dun conxunto de accións destinadas a consolidar o Centro de Operacións de Ence en Galicia como o referente global do seu sector en materia ambiental, considerando neste caso a importancia do impacto visual. Ence tamén traballa na anulación definitiva do impacto oloroso que con cada vez menos frecuencia é produto da súa actividade. Ademais, a empresa investiu preto de 4 millóns de euros nun plan destinado a reducir case por completo as emisións de vapor da fábrica. Este proxecto está practicamente concluído.