O embaixador de Canadá en España visita este luns o Centro de Operacións de Ence en Pontevedra

13 de xullo de 2012. O embaixador de Canadá en España, Jon Allen, visitará este luns o Centro de Operacións de Ence en Pontevedra. Asistirá acompañado do conselleiro comercial da Embaixada, Deric Dubien. No transcurso da visita, os diplomáticos canadenses poderán coñecer de preto o modelo de xestión da produción de enerxía con biomasa de Ence. Ademais, poderán coñecer o proceso que converteu nos últimos anos o centro de operacións de Ence en Galicia nunha factoría de referencia a nivel mundial no seu sector pola súa xestión ambiental.



Canadá é un países máis recoñecidos no mundo polo desenvolvemento do seu sector forestal. Ence Energía y Celulosa desenvolveu un modelo propio de xestión de enerxía con biomasa que especialistas canadenses xa coñeceron o pasado mes de marzo no transcurso dunha visita ao Centro de Operacións da empresa en Navia (Asturias) promovida pola Embaixada do país norteamericano.