As nenas e os nenos do CEIP A Carballeira de Lourizán despiden o curso cunha festa de integración

23 de xuño de 2012. Foi unha tarde de celebración logo o do esforzo e do aprendido durante todo un curso. As alumnas e mailos alumnos do CEIP A Carballeira de Lourizán despediron durante a tarde do pasado venres 21 de xuño o curso escolar nunha festa de integración impulsada pola Asociación de Nais e Pais do centro escolar coa colaboración de Ence.

Nenas e nenos desfrutaron de diferentes actividades e xogos nunha actividade que vén darlle continuidade á relación establecida dende mediados do pasado ano 2012 entre a ANPA do colexio e máis Ence.

A compañía, que traballa para intensificar a súa relación e as súas canles de colaboración coa seu ámbito interno máis inmediato, apoiara a inicios do curso 2012-2013 unha proposta da ANPA de que colaborase coas familias no inicio do curso escolar axudándolles a sufragar a equipación deportiva dos estudiantes. Ence apoiou entón a iniciativa da ANPA asumindo o custe dos chándales dos nenos e as nenas.