A Regata Ence Ría de Pontevedra ábrese na súa segunda edición á Clase Open para fomentar a participación da afeccionados á vela

18 de xuño de 2012. O Porto de Combarro será o punto de saída e chegada, o próximo fin de semana, da II Regata Ence Ría de Pontevedra. Os días 22 e 23 de xuño, máis dunha trintena de barcos procedentes de toda Galicia surcarán a Ría de Pontevedra nunha iniciativa impulsada pola empresa e o Club Náutico de Combarro (CNCombaro) e que tamén apoia a Deputación de Pontevedra.

A Regata engade dende este ano unha nova categoría de embarcacións, a Clase Open. Coa incorporación desta categoría quérese fomentar a participación de persoas afeccionadas á vela que habitualmente non participan en competicións ou cuxas embarcacións non cumpren cos estándares esixidos en probas puntuables. Tal e como explicaba durante a presentación da Regata o comodoro do CNCombarro, Alberto Filgueira, trataríase de estimular a participación de veleiros da Ría que non son utilizados habitualmente para competicións, como sucede con boa parte dos veleiros da zona.

Filgueira facía estas explicacións durante unha presentación na que tamén participaron Antonio Casal, director do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra; Xullo Conde, presidente do CNCombarro; Manuel Martínez, xerente do Porto Deportivo de Combarro.

Para o director do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra, Antonio Casal, “a Regata é unha proba de que todos, traballando xuntos pola Ría, podemos atraer máis turismo e xerar máis riqueza a partir dos deportes náuticos”.

 

Actividades e horas

A II Regata Ence Ría de Pontevedra comezará coa Singladura de la Inclusión, que permitirá que usuarios das asociacións Amencer-ASPACE e Avanzar practiquen o deporte da vela por unhas horas. Os socios e socias de Amencer e da ONG Amizade, que tamén traballa con persoas con discapacidade física, xa tiveran o ano pasado a oportunidade de realizar o seu bautizo de mar como parte do proxecto conxunto do Club Náutico de Combarro e de Ence.

A competición celebrarase o sábado 22 entre as 4PM e as 8PM e o domingo 23 entre as 12.30 PM e as 17PM. Participarán cruceiros dun só casco con eslora superior aos 6,49 metros. Ademais, este ano incorpórase a Clase Open. Ademais, este ano ábrese a unha clase de embarcacións: a aposta pola Clase Open ten por obxectivo “contar cos barcos máis habituais na nosa Ría, achegando ao mundo da competición os patróns e tripulacións de carácter máis familiar e de recreo”.

O sábado 22 ás 16:00 será sinal de atención para as embarcacións e inicio do procedemento de saída, e á volta tocará repoñer forzas cunha sardiñada con pan e bebidas para regatistas ás 20:00. Os actos concluirán cunha nova proba con saída ás 12:30, e entrega de premios ás 17:00.

(Imaxe de Ramón Capotillo cedida por La Voz de Galicia).