A cidadanía de Pontevedra e bisbarra poderá coñecer durante un mes as 102 ideas de arquitectos para mellorar a integración arquitectónica da fábrica de Ence en Lourizán

06 de xuño de 2013.- As 102 propostas para a integración arquitectónica e paisaxística da factoría de Ence en Lourizán (Pontevedra) permanecerán expostas durante un mes na sala de exposicións do Centro Social Novacaixagalicia en Pontevedra. Os proxectos participan no Concurso de Ideas a nivel de Anteproxecto para a Integración Arquitectónica e Paisaxística, convocado pola empresa durante o pasado mes de decembro. A exposición inaugúrase o 7 de xuño e permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 6 de xullo.

Con este Concurso, Ence pretende continuar avanzando nun proxecto de mellora que tamén ten entre os seus principais piares o Plan de Eliminación de Olores (Olor Cero 2014) e o Plan de Redución de Vapores. O primeiro destes plans, aínda pendente da súa finalización, xa reduciu en máis dun 90% o número de episodios con impacto oloroso dende o inicio das operacións para a súa implantación, en 2010. Os avances no Plan de Redución de Vapores xa son perceptibles a simple vista, especialmente dende as últimas adecuacións tecnolóxicas das últimas semanas. O persoal de Ence en Pontevedra traballa que nas próximas semanas este proxecto, aínda en desenvolvemento, e que ten por obxectivo acabar co impacto visual das emisións de vapor da factoría.

Durante o lanzamento do Concurso Arquitectónico, o director da fábrica de Ence en Pontevedra, Antonio Casal, afirmaba que “despois de ter transformado por completo a xestión ambiental da fábrica,  é tempo de mellorar a súa integración visual e paisaxística no ámbito, de pasar de ter unha fábrica cunha estética industrial de hai décadas a achegalo á Ría, e á bisbarra, unha intervención arquitectónica que axude a exaltar os seus valores paisaxísticos”.

Escolla definitiva en xullo

O concurso será resolto o próximo mes de xullo, cando se coñecerá o proxecto vencedor, o segundo premiado, e tres accésits a outros tantos traballos. O autor ou autores do proxecto vencedor recibirán un recoñecemento de 40.000 euros, a persoa ou persoas que asinen o segundo proxecto recibirán 15.000 euros. Os autores de cada un dos 3 proxectos merecedores de accésit recibirán 2.500 euros.

Tal e como se establece nas bases do concurso, o proxecto gañador será o utilizado por Ence para a modernización arquitectónica da factoría “sempre que a entidade convocante o considere posible e “se reúnan ademais os necesarios requisitos administrativos”.

O xurado de Concurso intégrano o arquitecto Enrique León García, o historiador e presidente do Conselo da Cultura Galega Ramón Villares, o paisaxista Luis González-Camino e tres representantes de Ence: o presidente da compañía, Juan Luis Arregui, o conselleiro delegado, Ignacio Colmenares, e o director do Centro de Operacións de Ence en Pontevedra, Antonio Casal.